ABRAHAM CUPEIRO – PANGEA
8 DE ABRIL DE 2021
En 1910 o metereólogo alemán Alfred Wegener, percatouse ao examinar un atlas que as siluetas dos continentes parecían casar unhas con outras; foi a partir desta observación cando comezou a recabar datos que logo plasmou no seu libro ”El Origen de los continentes y de los océanos”.
Nel, sostía que fai uns 300 millóns de anos o mundo estaba formado por un só continente, Pangea, que en grego significa «toda a terra».
Para a bioloxía esta teoría explica o parentesco entre especies de continentes separados por océanos. Para a xeoloxía xustifica a presenza de formatos xeolóxicos similares en continentes distintos.
A terra é o elemento no que habitamos os humanos, pero quizáis son os océanos os que marcan o clima, ás veces a orografía, e tamén o carácter das súas xentes.
Con esta obra queremos unir de forma metafórica a terra a través da música, pois é unha necesidade vital que nos unamos para frear a destrucción do noso planeta.
Esta nova unión, non sería posible sen un terceiro elemento: o aire. Sen el o son dos instrumentos non podría navegar polo espazo para chegar aos nosos oídos.
A estos instrumentos, únense outros máis humildes que evocan culturas e paisaxes aos que queremonos transportar.