
Chamaquito Pistolas
12 de agosto de 2020
Despois de case dous anos de xira polos escenarios da península con «Humano», Chamaquito Pistolas crea nesta ocasión un mundo novo no que a súa propia sombra e a súa soidade son as compañeiras escollidas para acompañalo nesta actuación a golpe de guitarra, voz e clarinete.
Unha reflexión sobre estes tempos estranos que nos tocou vivir e que están cambiando a forma de relacionarnos.
Unha viaxe polos seus pensamentos e emocións que o 12 de agosto podes compartir con el na Ponte dos Concertos.