Deteriorados

concerto solidario pola esclerose múltiple

10 de novembro – 21:00h

Deteriorados é unha banda interxeracional de Country & Blues Heróico do Delta do Morrazo, caracterizados por un estilo moi singular, uns instrumentos pouco convencionais e un repertorio exclusivo.

Deteriorados nace co desexo de continuar creando e desenvolvendo unha actividade cualitativa tras a xubilación, e é a punta da lanza comunicativa de Vulnerables.

A banda está composta por cinco persoas con idades comprendidas desde os case 70 anos ata os 20.

Vulnerables é un proxecto transversal que quere reinventar o concepto de “envellecemento”, negándose a aceptar que ser vello ou vella sexa sinónimo de inactividade intelectual. Vulnerables é un lugar de encontro entre a mocidade e @s maiores con actitude colaborativa que queren seguir achegando coñecemento e experiencia á sociedade máis aló da xubilación, e sobre todo, que están interesados en deixar o seu legado nunha interacción interxeneracional activa e recibir d@s moz@s a súa osadía e vitalidade.