MARGARIDA MARIÑO

22 DE XULLO DE 2020 – 20:30H

Nada en Vigo e licenciada no Conservatorio Liceo de Barcelona, a traxectoria de Margarida Mariño exténdese por agrupacións coma a Orquestra Sinfónica Vigo 430 (OSV430), a Orquesta Ressonnance (Suiza), ou La Vía del Concerti (Italia) entre outras.

A súa exploración dos límites sonoros i estéticos do violoncello leváronna a experimentar con xéneros onde o seu instrumento no é tan común, coma o Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra, a música espontánea, ou participar en colectivos de improvisación libre.

A súa proposta en solitario presenta un repertorio orixinal para violoncello inspirado en temas coma a ecoloxía, o cambio climático ou as migracións humanas, utilizando pedais de efectos, voz e loops cos que logra crear texturas únicas e complexas orquestacións que dan lugar a un estilo moi persoal no que xéneros tan aparentemente diverxentes coma o postrock, triphop ou a música clásica vibran cunha soa voz.