MJ PÉREZ

concerto solidario pola esclerose múltiple

10 de novembro – 21:00h

MJ Pérez é unha cantautora galega que bebe de diferentes estilos, co predominio do rock-pop nos seus primeiros álbums e cun xiro cara sons máis latinos e música de raíz no seu último disco. Suma case 200 concertos por toda Galicia e parte de Portugal. 

O seu traballo discográfico esta formado por 4 álbums “Ollos que non ven, síntoma de cegueira», «Guerrilleira», «Casandra» e «A Luz Prendida» que está presentando agora, todos eles autoproducidos. A isto súmanse diversas colaboracións con outros artistas dentro e fóra do escenario.

A artista pasou xa por festivais coma o Noroeste Pop Rock ou o Festival do Queixo (Arzúa), asi como polos principais circuitos de concertos do panorama galego. Foi finalista no «I Certame de Canción de Autor» de Teo e acadou un segundo posto no «VIII Concurso Musical da Deputación da Coruña». Obtivo o 1º posto no «Xuventude Crea 2017» e foi finalista nos Premios Martín Códax da Música Galega no 2019 e 2020. 

O pop-rock, ritmos latinos e música de raíz combínase con outros xéneros musicais neste proxecto onde MJ emprega a música como medio de expresión, e o traballo constante como clave para seguir creando e avanzando neste camiño.