Susana Seivane américa

26 de xullo de 2020

FA é o novo traballo de Susana Seivane tras oito anos de silencio discográfico, un longo período que lle serviu de inspiración para a composición de seu quinto álbum. FA (Fiz y Antón) é unha profunda introspección no mundo da maternidade, os convencionalismos, a familia e a plenitude personal.

Sen perder a súa esencia definitoria, Susana explora novos ritmos imprimindo modernidade na tradición e erixíndose como unha das máis virtuosas gaiteiras de tódolos tempos.

Con temáticas universais coma o amor superlativo, o medo, a inseguridade ou a felicidade absoluta, Seivane constrúe unha paisaxe sonora sen esquecer as súas raíces dotándoa de novos matices froito da súa madurez como compositora e instrumentista.