< >
A PONTE é un estudio de gravación situado en Santiago de Compostela, nunha casa do século XIX. O acondicionamento acústico está realizado con materiais naturais, para conseguir un ambiente saudable. Conta con sistemas de gravación analóxicos e dixitais, e dispón dunha sala cunha acústica viva.
ESTUDIO: sala de 90m2, construída en pedra e pino galego, con luz natural e acústica viva. Ideal para a captación microfónica tanto próxima como distante.
CONTROL: sala de 60 m2, con luz natural, construída en pedra e pino galego. Sistemas de gravación analóxicos (STUDER A80 1” 8track) e dixitais (protools TDM) controlados dende unha mesa AUDIENT 48ch. Sala de máquinas illada e refrixerada.